O teu fontaneiro de confianza en Lugo
Resolvemos calquera problema de fontanería no teu fogar. Orzamento pechado antes de comezar, sen sorpresas. Atención en menos de 15 minutos.
- Resposta en menos de 15 minutos
- Orzamento pechado antes de comezar
- Traballo garantido
- Dispoñible 24 horas, 7 días
Foto do equipo
Os nosos servizos
Solucións de fontanería para o teu fogar ou comunidade
Desatascos
Desatascos urxentes en Lugo. Tubaxes, baixantes, arquetas e desaugadoiros sen obras nin complicacións.
Reparación de fugas
Detectamos e reparamos fugas de auga en Lugo. Actuamos rápido para evitar danos maiores na túa vivenda.
Termos e caldeiras
Instalación, reparación e mantemento de termos e caldeiras en Lugo. Que nunca che falte auga quente.
Instalación de sanitarios
Instalación e reparación de inodoros, lavabos, duchas e bañeiras en Lugo. Traballo limpo e profesional.
Como traballamos?
Así de fácil é resolver o teu problema de fontanería
Chámanos ou escríbenos
Por teléfono ou WhatsApp. Contestamos ao momento.
Orzamento pechado
Dicímosche canto custa antes de tocar nada.
Resolvemos o problema
Imos á túa casa e deixámolo todo funcionando.
Pagas o acordado
Sen sorpresas. Só pagas o prezo que che dixemos.
Os nosos traballos
Algúns dos traballos que fixemos en Lugo e arredores
Foto proximamente
Reparación de fuga en baño
Foto proximamente
Desatasco de tubaxe
Foto proximamente
Instalación de prato de ducha
Foto proximamente
Substitución de caldeira
Foto proximamente
Reforma integral de baño
Por que escollernos?
Somos fontaneiros de verdade, non unha centralita
Resposta en 15 minutos
Contestámosche ao momento. Nada de agardar días para que alguén che devolva a chamada.
Orzamento pechado
Antes de tocar nada dicímosche canto vai custar. Sen sorpresas, sen extras agochados.
Dispoñible 24 horas
Un sábado ás 3 da mañá tamén. Porque as avarías non entenden de horarios.
+3 anos de experiencia
Sobre min
Son fontaneiro profesional e, tras anos de aprendizaxe e moito axetreo traballando nunha gran cidade como Madrid, decidín que era o momento de mudarme a un sitio máis tranquilo e seguir facendo o que mellor se me dá.
Esa experiencia ensinoume que o máis importante non é só arranxar un tubo, senón o trato coa persoa. Por iso, cando me chamas, contéstoche eu directamente. Sen centralitas nin esperas. Douche un orzamento pechado e explícocho todo: o 'que' e o 'por que' de cada paso.
O meu obxectivo é que recuperes a calma na túa casa. Que saibas que o problema está resolto coa eficacia que aprendín nas grandes obras, pero coa cercanía e confianza dun veciño de toda a vida.
O que din os nosos clientes
A confianza gáñase porta a porta
“Veu en menos dunha hora un domingo pola noite. Arranjounos a fuga rápido e polo prezo que nos dixera. Moi profesional.”
“Chameino porque o fregadeiro estaba atascado e non podía esperar ao luns. Veu, solucionouno en 20 minutos e cobroume o xusto. Repetimos seguro.”
“Cambounos o termo eléctrico. Veu co equipo novo, levou o vello e deixouno todo limpo. O orzamento foi exactamente o que nos dixo. Moi contenta.”
Coñece o noso traballo
Vídeo proximamente